Imprimir

O CONCELLO RECIBE AS OBRAS COMPLEMENTARIAS DA SEGUNDA FASE DO ABASTECEMENTO DE AUGA


11/6/2014

O Concello recibiu hoxe as obras complementarias da segunda fase do abastecemento de auga á cidade que foron executadas pola sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), organismo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

A firma da acta de inicio de explotación desta infraestrutura hidráulica fíxose no transcurso dunha reunión celebrada a última hora da mañá, na que participaron o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e a directora de zona de Acuaes, Isabel Pérez-Espinosa.

“Hoxe é un día importante para o ciclo da auga en Lugo”, manifestou o responsable municipal de Medio Ambiente.

Luis Álvarez explicou que, nesta fase das obras de mellora do abastecemento de auga a Lugo construiuse un novo depósito de auga reutilizada, cunha capacidade de 1 millón de litros, que dará servizo ós polígonos de O Ceao e As Gándaras. O Concello tamén recibiu outra obra consistente na reforma e mellora do depósito de auga para o abastecemento situado na mesma zona.

O investimento total que se fixo nestas actuacións foi de 565.961 euros.