Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participa nunha xornada sobre o futuro da mobilidade nas cidades organizada pola DXT


# Xoves, 12/06/2014
O Alcalde representou á FEMP na inauguración desta xornada na que as autoridades europeas dan a coñecer as liñas de axuda económica para que as cidades sexan sostibles e máis seguras.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou hoxe nunha xornada sobre o futuro da mobilidade nas cidades que organiza, en Madrid, a Dirección Xeral de Tráfico.

O Alcalde representou á Federación Española de Municipios e Provincias na inauguración das xornadas “Políticas Europeas de Mobilidade Urbana: Hacia unha cidade intelixente e segura”, acto no que tamén interviron o Subsecretario do Ministerio do Interior, Luis Aguilera; o Secretario de Estado de Infraestruturas, Transportes e Vivenda, Rafael Catalá; o Presidente da Comisión Parlamentaria de Seguridade Vial e Mobilidade Sostible, Pere Macías e a Xefa de División de ITS da Comisión Europea, Claire Dépré.

Dacordo cos datos da Dirección Xeral de Tráfico, seis de cada dez accidentes con vítimas ocorridos no ano 2012 tiveron lugar en vías urbanas. Concretamente, rexistráronse 47.690 accidentes con vítimas, nos que faleceron 461 persoas, 4.400 resultaron feridas graves e 57.510 con feridas leves.

Por este motivo, a DXT manten nos últimos meses una xeira de encontros cos concellos para colaborar en materia de seguridade vial e tamén organizou estas xornadas, que se desenvolven hoxe e mañá coa participación de máis de 30 conclelos, case que un cento de empresas e 10 universidades.

O obxectivo é dar a coñecer as medidas de apoio financieiro das que dispón a Unión Europea, das que se poden beneficiar concellos e empresas españolas que desenvolvan proxectos dirixidos a transformar áreas urbanas en cidades sostibles, seguras e intelixentes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova