Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza dous novos cursos de formación para desempregados de atención sanitaria ao domicilio e de xestión de emprego


# Venres, 13/06/2014
Esther Muñóz explicou que con estes cursos poderán obter o Certificado de Profesionalidade

Imaxe Asociada
As persoas interesadas deberán acudir polas Oficinas de Emprego xa que serán eles os que realicen a primeira selección de persoal


A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou esta maña dous novos cursos enmarcados dentro do programa de Accións Formativas dirixidas prioritariamente a desempregados (AFD) subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar.

Esther Muñóz explicou que o Concello de Lugo segue coa súa intención de dar formación aos desempregados para que poidan ampliar os seus coñecementos e aumentar as posibilidades de atopar traballo. “O requisito imprescindible é estar desempregado e anotado nas Oficinas de Emprego xa que serán eles os que fagan unha primeira selección de candidatos“ segundo Muñóz. Ambos cursos se realizarán nas instalacións do CEI-Nodus.

O primeiro dos cursos é de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio que conta con 618 horas teóricas e prácticas e que comezará o próximo 30 de xuño. A data de finalización deste curso está previsto para mediados do mes de novembro e os participantes poderán obter o Certificado de Profesionalidade que co amplían as posibilidades de atopar traballo xa que Lugo hai poucas aulas homologadas para poder impartir este Certificado de Profesionalidade. Son 15 prazas e os solicitantes deberán  cumprir co requisito académico de acceso ós ciclos formativos de grao medio, ou estar en posesión do certificado de profesionalidade de nivel 1 e estar en posesión do Celga 2.
 
Por outra parte, o curso de Xestión de emprego comezará o 1 de xullo e rematará o 30 de setembro con 293 horas para os asistentes ao mesmo no que mellorarán as capacidades sociais e aprenderán as condicións do autoemprego. Os requisitos para participar neste curso de 15 prazas é estar en posesión do titulo de Bacherelato, FP II ou Ciclo Superior en Informática de xestión ou equivalente.

A responsable da área de Formación tamén lembrou que este ano o importe das becas verase reducido á metade en cumprimento da orde da Xunta de Galicia.



O Concello de Lugo leva, dende o 2008, diferentes accións formativas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas coa realización de cursos de Técnico auxiliar de deseño industrial, axuliar de axuda a domicilio, empregado de xestión financieira, técnico de xestión de documentos ou de dinamización comunitaria entre outros.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova