Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo contrata, por primeira vez, cun Centro Especial de Emprego a organización dun curso para desempregados


# Venres, 13/06/2014
Combina Social, empresa de Cogami, impartirá un dos cursos do programa Lugo Emprego Activo 2

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o directivo da empresa Combina Social Alvaro García Bustelo asinaron hoxe o contrato polo que o Concello de Lugo encarga, por primeira vez, a prestación dun servizo a un Centro Especial de Emprego.

A Concelleira de Economía destacou que ésta é a primeira vez pero non será a única ocasión na que o Concello de Lugo contrata a prestación dun servizo a un Centro Especial de Emprego, xa que o a Administración local ten a intención de continuar neste camiño de colaboración coas entidades que traballan para favorecer a integración laboral e social das persoas con discapacidade.

Combina Social é unha empresa participada por Cogami, que funciona como Centro Especial de Emprego. Os Centros Especiais de Emprego son empresas promovidas principalmente por asociacións de persoas con discapacidade e naceron en 1985 como fórmula para favorecer o acceso ó mercado laboral do colectivo de persoas con discapacidade.

O contrato asinado hoxe ten por obxecto a organización dun curso de impresión dixital que se vai impartir dentro do programa de formación para persoas desempregadas Lugo Emprego Activo 2.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova