Imprimir

O CONCELLO DE LUGO CONTRATA, POR PRIMEIRA VEZ, CUN CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO A ORGANIZACIÓN DUN CURSO PARA DESEMPREGADOS


13/6/2014 Combina Social, empresa de Cogami, impartirá un dos cursos do programa Lugo Emprego Activo 2

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o directivo da empresa Combina Social Alvaro García Bustelo asinaron hoxe o contrato polo que o Concello de Lugo encarga, por primeira vez, a prestación dun servizo a un Centro Especial de Emprego.

A Concelleira de Economía destacou que ésta é a primeira vez pero non será a única ocasión na que o Concello de Lugo contrata a prestación dun servizo a un Centro Especial de Emprego, xa que o a Administración local ten a intención de continuar neste camiño de colaboración coas entidades que traballan para favorecer a integración laboral e social das persoas con discapacidade.

Combina Social é unha empresa participada por Cogami, que funciona como Centro Especial de Emprego. Os Centros Especiais de Emprego son empresas promovidas principalmente por asociacións de persoas con discapacidade e naceron en 1985 como fórmula para favorecer o acceso ó mercado laboral do colectivo de persoas con discapacidade.

O contrato asinado hoxe ten por obxecto a organización dun curso de impresión dixital que se vai impartir dentro do programa de formación para persoas desempregadas Lugo Emprego Activo 2.