O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá asiste á asamblea da Rede Española de Cidades Saudables
# Venres, 13/06/2014
A próxima asamblea será na cidade de Córdoba no 2016
O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, asistiu á Asamblea da Rede Española de Cidades Saudables que se celebrou esta mañá en Oviedo.
Nesta xuntanza, as cidades que forman parte desta rede, expúxose a mellor maneira de achegar estilos de vida saudables dende as administracións locais aos cidadáns para ter unha mellor calidade de vida. Especial atención puxeron na importancia de fomentar a actividades física a certas idades para conseguir que a cidadanía teña un avellantamento saudable.
Tamén se escolleu a cidade na que se realizará a seguinte Asamblea da Rede de Cidades Saudables que será en Córdoba no 2016.
Compartir: