Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo agarda que os traballadores de Urbaser comecen esta tarde a retirar o lixo nos 74 puntos con alerta sanitaria


# Mércores, 18/06/2014
 

O Concello de Lugo agarda que os traballadores de Urbaser comecen a retirar o lixo depositado nos 74 puntos da cidade nos que a Consellería de Sanidade decretou alerta sanitaria, de maneira que queden limpos no prazo de 24 horas.

O Concello confía en que a retirada do lixo nos lugares con alerta sanitaria comece a partir das seis da tarde coa participación dos traballadores da empresa Urbaser, logo de que o comité de empresa anunciara que están dispostos a atender a alerta sanitaria, previa autorización da asamblea de traballadores.

O Concello tamén ten confirmación de que esta medida conta co acordo da empresa.

Entre as numerosas xestións levadas a cabo nos últimos días polo Concello de Lugo é de destacar a chamada que lle fixo hoxe ó Alcalde, José López Orozco, o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

O Alcalde agradeceulle ó Presidente da Xunta o ofrecemento feito para colaborar a dar solución á situación xenerada pola folga no servizo de limpeza e retirada do lixo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova