Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O sábado 21 de xuño terá lugar a primeira edición do Torneo de Golf Concello de Lugo - Concellería de Deportes


# Xoves, 19/06/2014
Nesta competición participarán uns 70 xogadores de Lugo, do resto de Galicia, Asturias e León

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa que o próximo sábado 21 de xuño celebrarase no Clube de Golf de Lugo a primeira edición do Torneo de Golf Concello de Lugo - Concellería de Deportes.

O torneo celebrarase na modalidade de Stableford Individual sobre un percorrido de 18 buratos para os xogadores adultos. Os alumnos da Escola Infantil disputarán un torneo propio que se desenvolverá en diferentes modalidades.

Nesta competición participarán uns 70 xogadores de Lugo, do resto de Galicia, Asturias e León. No torneo infantil participarán todos os alumnos da Escola Infantil de Lugo e xogadores infantís doutros clubes.

O torneo para adultos dará comezo ás 9 horas e rematará sobre as 19.30 horas, con dúas quendas de saídas, unha pola mañá e outra pola tarde. O torneo infantil celebrarase integramente en horario de tarde e rematará ás 19.30 horas.

A entrega dos premios aos gañadores celebrarase ás 19.30 horas na Casa do Clube de Golf de Lugo. Ademais dos distintos premios previstos, realizarase un sorteo de agasallos, consistente en material deportivo, entre todos os participantes presentes na entrega e que non obtiveran premios por clasificación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova