Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza durante o verán cursos intensivos de iniciación ao Inglés nas Casas das Linguas


# Venres, 20/06/2014
A inscrición pode realizarse presencialmente nas dúas Casas das Linguas ou nos teléfonos 982 807 838 e 982 297 458

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que está aberto o prazo de inscrición nos cursos intensivos e gratuítos de iniciación ao Inglés que se celebrarán este verán nas Casas das Linguas,

Durante os meses de xullo e de agosto terá lugar esta actividade nas dúas Casas das Línguas, que se celebrará dacordo co seguinte horario: na Casa das Linguas de Estrada da Granxa o curso terá lugar os luns e mércores das 9:30 ás 11:00 horas. Na Casa das Linguas de María Balteira celebrarase os martes e xoves das 9:30 ás 11:00 horas. Os venres nos dous centros haberá proxeccións en Inglés.

Hai 20 prazas en cada un dos cursos, que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente nas dúas Casas das Linguas ou nos teléfonos 982 807 838 ou 982 297 458.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova