Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Día do Orgullo Gay celebrarase en Lugo con actuacións musicais que terán lugar o día 29 na Praza de San Marcos


# Venres, 20/06/2014
Concello e Deputación colaboran na celebración co colectivo ALAS, que organiza o Orgullo Lgbt Lugay 2014

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, a Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, xunto con Marcos Fernández Trigo, Vicepresidente do Colectivo ALAS Lugo, presentaron hoxe os actos conmemorativos do Día do Orgullo Gay. O Orgullo Lgtb Lugay 2014 celebrarase o vindeiro día 29 de xuño, a partires das 18:00 horas, na Praza de San Marcos.

Ana González Abelleira salientou que para o Concello de Lugo “é un orgullo traballar para construir unha sociedade inclusiva e aprender a relacionarnos e amarnos dentro da diversidade”. Neste sentido explicou que o Concello aposta polas políticas de igualdade e pola diversidade e, por iso colabora coa organización destas actividades, que demostran que “somos unha sociedade inclusiva e unha sociedade libre”.

Pola súa parte, Sonsoles López Izquierdo destacou que “dende o organismo provincial hai un especial interese por previr o acoso e a homofobia, e estamos convencidos da importancia da educación para favorecer o respecto ás diferentes orientacións sexuais”.

Os actos, organizados polo colectivo de lesbianas; gays; bisexuais e transexuais ALAS, coa colaboración do Concello e a Deputación provincial comezarán coa lectura dun manifesto reivindicativo, seguido de diversas actuación musicais. Os artistas que participarán na celebración son Leblond, recoñecido grupo de sinthpop de éxito dentro do colectivo gay nacional; Lara Sajén, integrante de Fangoria que acaba de presentar o seu traballo en solitario e Las Supremas, dúo lucense de proxección nacional que actualmente están presentando dous traballos, “Daño” e “Diferentes”, e que serán as encargadas de presentar o evento.  Outra das artistas que participarán no Orgullo Lgtb Lugay 2014 é a dragqueen cómica Drag La Canalla, que interpretará varios números moi coloristas, e por último o polifacético Diablillo Lj, o perfomer máis recoñecido da noite lucense. Os actos rematarán, aproximadamente, ás 21:00 horas.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova