Cargando....
Concello de Lugo
08/12/22
NOVAS
Escoita esta páxina

A VI Carreira do Open Galego de Descenso I DH Cidade de Lugo terá lugar mañá e pasado no Monte Segade


# Venres, 20/06/2014


Imaxe Asociada
A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa de que mañá, sábado día 21, e pasado, domingo día 22 de xuño, celebrarase a VI Carreira do Open Galego de Descenso I DH Cidade de Lugo, na súa especialidade dentro do ciclismo de montaña.

Esta proba terá lugar no circuíto do Monte Segade en Orbazai, organizada polo C.C. Flyriders Lucus DH, coa colaboración da Concellería de Deportes.

A proba realizarase no circuito de DH Penarubia, en Monte Segade-Orbazai. O sábado terán lugar os adestramentos oficiais, de 16.00 a 19.00 horas, e o domingo ás 15.30 comezará a primeira manga oficial e as 17.30, a segunda. A entrega de premios farase na campa da Igrexa de Orbazai, ás 19.00 horas.

Esta proba é valedeira para o Open Galego de Descenso, no que competirán más de 100 Riders chegados de todos os puntos de Galicia, ademais de outras comunidades como Asturias e León.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova