Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ampliase o prazo de inscrición no curso de cociña que terá lugar este verán no CC María Balteira


# Venres, 20/06/2014


Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes para realizar o curso de cociña, que se vai celebrar durante este verán no Centro de Convivencia María Balteira.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro venres, día 27 de xuño.

A Concelleira explicou que se trata dun curso destinado ás persoas que queiran  adquirir habilidades de cociña, no que se aprenderá a economizar, sacando proveito dos produtos alimenticios e aprender técnicas para non derrochar comida.

González Abelleira animou a toda a poboación interesada en anotarse neste curso, que terá lugar durante os meses de xullo e agosto, tres días por semana e en horario de mañá.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova