Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

EVISLUSA terá a súa sede na terceira pranta do Uxío Novoneyra a partir de mañá


# Luns, 23/06/2014
O traslado prodúcese para dotar ó Mercado Municipal Quiroga Ballesteros de máis zona de servizo

As obras de reforma do Mercado, nas que se van investir máis de 340.000 euros, comezarán nesta semana


A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luis Álvarez, comunica que a Empresa municipal da Vivenda e Solo, EVISLUSA, estreará mañá, martes, día 24 de xuño, a súa nova sede, situada na terceira pranta do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

O cambio das instalacións de EVISLUSA a estas novas oficinas, tamén situadas na rúa Quiroga Ballesteros, prodúcese para que as dependencias que ocupaba con anterioridade esta Empresa municipal pasen a formar parte do Mercado municipal, no que o Concello vai levar a cabo una importante actuación para modernizalo.

O traslado de EVISLUSA prodúcese unha vez acondicionados os novos locais, situados na terceira pranta do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

As antiguas dependencias de EVISLUSA pasarán a formar parte do Mercado e acondicionaranse coas obras que comezarán nesta mesma semana.

Deste xeito, amplíase o Mercado municipal que pasará a estar dotado cunha nova zona de servizo para os titulares de postos, que poderán gardar nelas contenedores e outro mobiliario, co que se dá resposta a unha vella demanda dos placeiros. Estas dependencias quedarán conectadas co Mercado.

Esta obra suporá un investimento de 341.106 euros e será executada pola empresa Orega, cun prazo de execución de catro meses.

O proxecto de reforma do Mercado Quiroga Ballesteros será financiado con fondos do Plan Urban, ó que fan achegas a Unión Europea, que cofinancia o 80% con fondos do FEDER, o Concello de Lugo e máis a Deputación provincial.

O proxecto de modernización do Mercado foi realizado polo equipo de arquitectos lucenses Alba más Arias e contou coa participación arquitecto José Arias Jordán, xa falecido, que fora o encargado da anterior remodelación, no ano 1997.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova