Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Autorizadas 244 fogueiras de San Xoán que arderán esta noite nos barrios e a zona rural de Lugo


# Luns, 23/06/2014


O Concello autorizou 244 solicitudes presentadas para a realización das fogueiras de San Xoán (Lume Novo).  O prazo para a solicitude dos permisos, tramitados pola Policía Local, rematou hoxe ás 13.00 horas.

O Alcalde, José López Orozco, ditou un bando que recolle as normas ás que se teñen que axustar as as fogueiras no que se prohibe a queima de rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos. Tamén se prohibe o lanzamento de foguetes.

Tamén se establece no bando que as fogueiras non poderán facerse en lugares póximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xaríns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo. Tampouco se poderán facer dentro do recinto do casco histórico.

Obriga, ademais, ó responsable ou responsables e ós organizadores de cada fogueira a retirar do lugar de celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requerimento da Policía Local, a sufocar de inmediato a fogueira


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova