Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo inviste este ano 8,6 millóns de euros en melloras para a cidade e a zona rural


# Luns, 23/06/2014
O Goberno local decide adicar a obras case que 5,3 millóns de euros, grazas ó acordo co Partido Popular

Imaxe Asociada
O Alcalde destaca que grazas a este pacto o Concello investirá para facer melloras e para crear emprego en Lugo



O Alcalde, José López Orozco, e o Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, anunciaron hoxe que o Concello adicará este ano 8.606.482 euros a investimentos con cargo ós remanentes municipais.

O Concello xa aprobou no Pleno celebrado pola Corporación no mes de maio investimentos por un presuposto de 3,3 millóns de euros e ten previsto aprobar máis outra partida por importe superior a 5 millóns de euros na sesión plenaria da próxima semana.

O Alcalde explicou que a Xunta de Goberno Local celebrou hoxe unha sesión extraordinaria para dar o visto e prace a nova partida de investimentos, por un monto total de 5.296.869 euros que se someterán á consideración do Pleno na sesión prevista para o vindeiro luns.

López Orozco anunciou que a aprobación destes investimentos é froito do acordo ó que chegou o Goberno local co Partido Popular para facer melloras no conxunto do término municipal

“Benvido sexa o acordo, que vai favorecer tanto a mellora estética do término municipal como o emprego, xa que a obra pública contribúe a xenerar postos de traballo e imos investir en Lugo cos aforros dos lucenses que xuntou o Concello”, destacou o Alcalde.

Tamén declarou que “esto é froito do diálogo, o Equipo de Goberno entende que a política é fundamentalmente pacto e encontro e conseguimos chegar a un acordo co Partido Popular que me parece moi bó para os lucenses e o conxunto do concello, porque estes investimentos axudarán a que a nosa cidade e a zona rural estean nas mellores condicións”.

A partida para pavimentación de rúas ascende a 3.771.429 euros e nela inclúense un total de 42 actuacións, entre as que destacan, polo seu importe, a pavimentación de dez rúas do Ceao, cun monto de 793.500 euros, e as actuacións previstas para a segunda fase de renovación do abastecemento de Fontiñas, a Ronda de Fingoi e a Ronda da Muralla.

Na zona rural, o investimento previsto suma un total de 1.417.704 euros, que se destinan a 16 actuacións para o arranxo de pistas con aglomerado en quente.

Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou outra partida por importe de 106.735 eus con destino a obras de mellora en distintos inmobles de propiedade municipal como son os Centros de Convivencia Leiras Pulpeiro, Sagrado Corazón, María Mariño e Fingoi, así como a Escola de Cabanas e o Fogar do Transeúnte.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova