Imprimir

O GRUPO "CLAVE DE FADO" PRESENTARÁ ESTE XOVES O SEU PRIMEIRO DISCO NUN CONCERTO QUE FOI PRESENTADO NO CONCELLO


24/6/2014  O disco, titulado “Xanelas”, vaise presentar no Círculo das Artes

 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, e os membros do grupo “Clave de fado” Iria Estévez e Gonzalo Piña presentaron hoxe o concerto que servirá para dar a coñecer o seu primeiro disco.


O grupo formado por Iria Estévez, Pepe e Gonzalo Piña e Paco Dicenta vén de gravar o disco titulado “Xanelas”, que se vai presentar en sociedade cun concerto que terá lugar o xoves, día 26 de xuño. 

Carmen Basadre destacou que para o Concello é importante apoiar todas as iniciativas que levan a cabo artistas de Lugo e eloxiou o mérito deste grupo musical e a beleza das composicións rexistradas neste primeiro disto que puido gravar grazas ás achegas económicas feitas por distintas persoas que colaboraron para facelo posible. 

O concerto terá lugar este xoves, ás 20.30 horas, no Círculo das Artes.