Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Este próximo sábado 28 terá lugar a II Andaina ata o Cemiterio de San Froilán cun recordo especial a Eloy Maquieira


# Xoves, 26/06/2014
A saída está prevista para as 10.30 horas dende o Mercado Municipal

O Concello de Lugo organiza a II Andaina ao Cemiterio Municipal de San Froilán que terá lugar este sábado 28 de xuño con saída dende o Mercado Municipal. Así, despois da boa acollida que tivo a primeira andaina a Sección de Cemiterio coa colaboración da Área de Cultura organiza unha segunda edición no marco do Programa de Primavera do Cemiterio que con esta actividade dáse por rematada.

Nesta ocasión, considerando que se cumpren 70 anos do pasamento de Eloy Maquieira, arquitecto redactor do proxecto do Cemiterio de San Froilán, proponse a realización dunha ruta que, no seu camiño ao cemiterio, percorra diferentes construcións relevantes da cidade diseñadas por el. Deste modo, iniciarase diante do Mercado Municipal, con parada no Instituto Xoan Montes e baixará ata a Ponte Romana polo camiño primitivo de Santiago. Continuará por San Lázaro e, seguindo o camiño de Santiago, chegará finalmente ao Cemiterio de San Froilán.

A actividade comezará ás 10.30 horas dende o Mercado Municipal e está previsto o seu regreso as 13 horas no autobús urbano. O traxecto ten unha dificultade media e unha distancia de 5 kilómetros aproximadamente. As persoas participantes irán acompañadas por unha guía que irá proporcionando, ao longo do percorrido da andaina, información e datos de interese sobre os seus puntos máis relevantes.

Para participar na actividade, cómpre facer reserva de praza na oficina de Atención Cidadá do Concello (Centro de servizos municipais, Ronda Muralla, 197), ou a través do Servizo de Atención Telefónica 010 , no teléfono 982 297 350, o prazo de inscrición remata o venres 28.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova