Imprimir

ESTE SÁBADO CLAUSÚRANSE AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SÁBADOS +XTÍ CELEBRADAS NA CASA DA XUVENTUDE


26/6/2014

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, anuncia que este sábado terá lugar a clausura de todas as actividades que se realizaron na Casa da Xuventude correspondentes ó programa de prevención de drogodependencias Sábados +Xtí.

Para clausurar os cursos que se viñeron desenvolvendo na Casa da Xuventude, dende o pasado mes de outubro, terán lugar unha serie de actos a partir das 16.30 horas.

Dende esa hora e ata as 21.30 horas estarán expostos os traballos realizados nos cursos de scrapbooking, bolsos con vaqueros, velas, trapillo, manualidades con flores, restauración de mobles e costura. Durante todo o mes haberá unha exposiciónf otográfica do curso de retoque e book club favourites.

Ás 18.00 horas proxectarase un vídeo de Stop Motion. Ás 18.05 terá lugar a entrega de diplomas. Deseguido está programada unha exhibición de hip-hop, ás 18.30 horas. Tamén haberá unha exhibición de parkour, a partir das 18.40 horas, e unha mostra de acrosport, dende as 18.50.

Para rematar, os alumnos dos diversos cursos de cociña, axudados polos seus monitores, servirán uns pinchos.