Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Mesa negociadora aproba o Regulamento de segunda actividade para a Policía Local


# Venres, 27/06/2014


O Alcalde, José López Orozco, presidiu hoxe a xuntanza da Mesa negociadora na que se aprobou, co voto en contra de UGT e a CIG, o Regulamento de segunda actividade para a Policía Local.
 
O documento recolle algunhas modificacións feitas a proposta dos sindicatos para mellorar o texto e agora pasa a informe da Asesoría Xurídica, como paso previo á súa aprobación pola Xunta de Goberno e, posteriormente, polo Pleno.

No texto regulase a posibilidade de que os policías que cumpran a idade regulamentaria e queiran, poidan pasar a desempeñar postos de segunda actividade, como vixilancia en dependencias municipais ou tareas administrativas.

Ademais, tratouse sobre a posibilidade de facer este ano aportación do Concello ó Plan de pensión. Neste asunto presentou un informe o Interventor municipal e quedouse de estudalo, sempre que non supoña un aumento da masa salarial.

Na xuntanza, que continuará o vindeiro martes, participaron tamén a Coordinadora xeral da área de Alcaldía, Recursos Humanos e Protección da Comunidade e o Xefe da Policía Local, en representación do Goberno local, e a Xunta de persoal e o Comité de empresa.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova