Imprimir

O XURADO XA ESCOLLEU AOS GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFIAS DO ARDE LUCUS NAS REDES SOCIAIS


27/6/2014

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua informa que unha vez reunido o xurado para o concurso de fotografías do Arde Lucus 2014 O Arde Lucus na rúa que se realizou a través das redes sociais os gañadores nas dúas categorias foron:

Na categoría de mellor fotógrafo Arde Lucus 2014 foron:
1º Premio- Rebeca Franco
2º Premio- Alejandro Re
3º Premio- Idia Lestegás

Na categoría de mellor fotografia Arde Lucus 2014 foron:
1º Premio- Rebeca Franco
2º Premio- Alejandro Re
3º Premio- Alba Loalaiza

As mellores fotografías obterán un diploma acreditativo, ademais da difusión da noticia nas redes sociais do Arde Lucus e na web. Ademais aparecerán destacados como Fotógrafos do Arde Lucus 2014 en calquera información que faga referencia aos mesmos ou as súas fotografías e as súas imaxes formarán parte dunha exposición temporal.

O xurado estivo composto por Adolfo de Abel Vilela, José Reigosa Piñeiroa, e José Luis Rodriguez Tella.