Imprimir

O DOMINGO HABERÁ UNHA NOVA SAÍDA DO PROGRAMA TERRAS DE AUGA E CULTURA PERO CUNHA TEMÁTICA XEOLÓXICA


27/6/2014 Será un tramo de 15 km nos que o xeólogo Xavier Barros dará a coñecer as curiosidades da xeoloxia lucense

Este próximo domingo 29 de xuño haberá unha nova excursión do programa Terras de Auga e Cultura que terá como principal protagonista a temática da xeoloxía. Así, da man do xeólogo, Xavier Barros, descubriranse interesantes aspectos e curiosidades da xeoloxía que configura a paisaxe do agro lucense.

Nesta ocasión, a andaina terá unha distancia de 15 km de lonxitude cunha dificultade media-baixa que permite facelo a toda a familia. O percorrido levará aos participantes ao alto do Picato onde se analizarán os diferentes elementos xeolóxicos que identifican as etapas xeolóxicas que viviu a paisaxe luguesa.

A visita será moi participativa xa que durante a mesma realizaranse actividades didácticas, para as cales hai que levar lapis e goma, e aprenderanse técnicas básicas de traballo de campo como a observación directa de rochas e minerais.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (á altura da Porta de Bispo Aguirre) e volta sobre ás 19.00 horas.

Os interesados poden inscribirse a través do teléfono 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo-CIM (982 251 658), Praza do Campo, 11. Máis información www.lugoturismo.com