Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a Escola de Escritores en Lingua Galega organizan o terceiro obradoiro de narración oral


# Venres, 27/06/2014
As actividades de técnicas de oralidade e creación estará impartido polos escritores Antonio Reigosa e Isidro Novo

Imaxe Asociada
O prazo para solicitar praza ábrese o 30 de xuño e remata o 12 de setembro e será totalmente gratuito


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo coordinador da sección de Literatura Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Antonio Reigosa, presentaron esta mañá a terceira edición do obradoiro da Escola de Narración Oral da AELG, que se levará a cabo a partir de setembro.

Nesta terceira edición levarase a cabo un obradoiro de Contar con-tento: teoría e práctica da narración oral  impartirá a partir do día 24 de setembro o propio coordinador da escola, Antonio Reigosa, xunto ao escritor lucense Isidro Novo, e a especialista en narración oral Ana Carreira que desenvolverá unha clase maxistral. Con este obradoiro, aberto a todos os cidadáns maiores de 15 anos, abordaranse todos os ámbitos da oralidade, dende a tradición ás tendencias máis innovadores, co fin de inspirar a novos creadores e de estimular novas correntes baseadas nesa oralidade que tanto marcou a nosa literatura.

Carmen Basadre sinalou que “estas obradoiros teñen unha función moi importante xa que recuperan tradicións de época anteriores e permiten manter vivos piares moi importantes da nosa cultura”.

Pola súa parte, Antonio Reigosa, explicou que nesta ocasión se vai a traballar coas técnicas para contar historias orais e coñecer a mellor maneira de improvisación e recursos non verbais.

O curso, baixo o título Contar con-tento: Teoría e Práctica da Narración Oral, desenvolverase ao longo de trece xornadas de dúas horas de duración do 23 de setembro ao 16 de decembro. As clases serán os martes de 18:00 a 20:00 horas no C.C. Uxío Novoneyra e a inscrición gratuíta poderá formalizarse entre o 30 de xuño e o 12 de setembro no Rexistro Xeral do Concello de Lugo. O número de prazas é de 25 e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Na escola que ten a súa sede no Centro Social Uxío Novoneyra estudaranse contidos que abranguen unha variada escolma de materias co fin de que o alumno acade notables coñecementos das técnicas da narrativa oral como son:

- Consellos básicos e exercizos prácticos para narradores orais
- Recursos non verbais dos contadores
- Improvisacións dialogadas
- Oralización. Ferramentas para a adaptación de textos escritos
- Noso contar/cantar e o doutras culturas
- Ensamblar micro historias para contar unha gran historia
- Clase maxistral sobre técnicas de narración oral
- Catro sesións prácticas en diferentes centros de convivencia do Concello


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova