Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza novas actividades de lecer para mozos e mozas durante o verán a través do programa +XTi


# Venres, 27/06/2014
As actividades levaranse a cabo na Casa da Xuventude e na Praza do Castiñeiro

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá varias actividades para os meses de xullo e agosto dentro enmarcadas no programa +XTI, orientado a presentar alternativas de ocio para os mozos e mozas.

Así, na Casa da Xuventude, entre os días 1 e 15 de xullo haberá diferentes obradoiros de baile hip hop, rap, funky e iniciación ao baile corporal. Na segunda quincena de xullo, as actividades que se levarán  a cabo son obradoiros de pulseiras con gomas, obradoiro de personaxes con gomas, maquillaxe circense, globoflexia avanzada, malabares de arroz e iniciación á maxia. O horario das actividades será de 11.30 a 13.00 horas de luns a venres. As persoas interesadas entre 12 e 16 anos poderán inscribirse ata o 30 de xuño na propia Casa da Xuventude.
 
Curso promoción e educación para a saúde
Na Casa da Xuventude tamén se vai a organizar un curso de Promoción e Educación para a saúde, de carácter gratuito e dirixido á mocidade de 18-35 anos. O curso conta de 35 horas que se desenvolverán entre os días 7 e 18 de xullo. As persoas que estén interesadas en participar deberán inscribirse antes do 3 de xullo na Casa da Xuventude. Neste curso trataranse conceptos básicos de saúde, promoción e prevención, enfermidades crónicas, discapacidades e dependencias, alimentación e educación afectivo-sexual.

Actividades Lamas de Prado
Durantes os meses de xullo, agosto e setembro, tamén se van a levar a cabo actividades baixo o lema Aprende, xoga e experimenta na Praza do Castiñeiro e que terán lugar os martes, mércores e xoves. Durante eses días os nenos e nenas que se acheguen poderán realizar traballos manuais creativos e retos científicos en horario de 19 a 20.30 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova