Cargando....
Concello de Lugo
21/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adxudicou hoxe investimentos en obras e benestar social por importe de case 150.000 euros


# Venres, 27/06/2014
Faranse arranxos e melloras en diversas instalacións municipais e vanse comprar alimentos para o Fogar do Transeúnte e as Aulas Abertas

O Concello de Lugo aprobou hoxe investimentos por un importe total de 149.514 euros que realizarán, en distintas actuacións, as Concellerías de Protección da Comunidade, Infraestruras, Deportes e Benestar Social e Igualdade.

A Xunta de Compras autorizou esta mañá destinar 66.920 euros a tres iniciativas da Concellería de Benestar Social e Igualdade. Dentro desta área adxudicáronse as obras de arranxos e melloras no tellado e terrazas do Centro de Convivencia da Milagrosa, que ten un custe de 47.752 euros. Tamén se aprobou un gasto por importe de 18.000 euros para a compra de alimentos con destino a elaboración de menús, durante o segundo semestre deste ano, no Fogar do Transeúnte. E adxudicouse, asimesmo, a adquisición de froita, por importe de 1.168 euros, para poñer a disposición dos nenos e nenas nas Aulas Abertas durante este verán nos Centros sociais municipais.

Tamén foron adxudicados investimentos que fai a Concellería de Deportes cun presuposto total de 52.246 euros a tres proxectos que desenvolverá a Concellería de Deportes. Unha das obras consiste na reforma e acondicionamento dos vestiarios de árbitros e pavimentación da explanada do acceso principal ós campos de fútbol das Gándaras, que suporá un desembolso de 22.040 euros. Para a mellora do pavimento da pista do Pavillón Municipal de Deportes adícase un investimento de 19.400 euros. Tamén se contratou a renovación e reparación da rede de parabalóns no C.F. Luis Gorgoso, no recinto municipal de Frigsa, por un importe de 10.806 euros.

A Xunta de Compras adxudicou tamén as obras de adecuación e mellora dos sistemas de seguridade e contraincencios nos edificios municipais destinados a museos e salas de exposición, que terán un custe de 17.424 euros que investirá a área de Protección da Comunidade.

E tamén se aprobou o gasto, por parte da Concellería de Infraestruturas, de 12.923 euros nas obras de reparación da cuberta e adecentamento de fachadas do antigo depósito de auga de Frigsa, no Parque da Milagrosa.


Pavimentación da Ronda da Muralla

Por outra parte, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, asinou hoxe o contrato para a execución das obras de reparación do pavimento na Ronda da Muralla, no treito que vai de Bispo Odoario á rúa Santiago.

O investimento que realizará o Concello nesta actuación será de 63.508 euros.

Unha vez asinado o contrato coa empresa adxudicataria, Obras y Saneamientos de Galicia S.L, os traballos comezarán en breve e terán unha duración máxima de dous meses.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova