Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle os actos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento


# Domingo, 29/06/2014
O Alcalde de A Coruña fixo a Ofrenda no nome das sete cidades do Antigo Reino de Galicia

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Delegado Rexio pediu “amparo para renacer máis solidarios”, diante dos “tempos convulsos que vivimos”

O Arcebispo de Santiago chamou a atención sobre a necesidade de combater as desigualdades e de “non continuar coa cultura do descarte”



O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá nos actos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, unha cerimonia que se repite cada ano na nosa cidade desde 1700.

O Alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, foi o encargado de facer a Ofrenda este ano na representación das sete cidades que formaban o Antigo Reino de Galicia e respondeulle o Arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio.

Os actos comezaron ás 11.15 da mañá na Casa do Concello, onde o Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por outros membros da Corporación Municipal, recibiu ó Oferente e ós representantes das cidades do Antigo Reino de Galicia, así como ó resto das autoridades que asistiron á cerimonia.

A delegación das cidades do Antigo Reino de Galicia completouse coa presenza do Alcalde de Ourense, Agustín Fernández Gallego; asi como dos Tenentes de Alcalde da Tui, Vanesa Rodríguez Pereira; de Mondoñedo, Esperanza González Martín; e de Betanzos, Mónica Carneiro Cid. Tamén asistiron o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Angel Cadenas Sobreira; o Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol, Manuel Garat Caramé; os Vicepresidentes das Deputacións de Lugo, Pilar Garíca Porto; A Coruña, Carmen Hervada Echevarría; Ourense, Rosendo Ferández Fernández,  e de Pontevedra, José Crespo Iglesias, entre outras autoridades.

Logo de asinar no Libro de Honra do Concello, no despacho da Alcaldía, os Alcaldes de Lugo e A Coruña, que estiveron acompañados de varios membros das dúas  Corporacións, destacaron a importancia desta histórica e solemne Ofrenda que fan as sete capitais do Antigo Reino de Galicia, mantida durante xeneracións, e fixeron votos por seguir mantendo esta tradición do pobo galego.

O acto civil, celebrado na Casa do Concello, rematou co intercambio de agasallos institucionais. O Alcalde de Lugo entregoulle ó de A Coruña unha peza de cerámica de Sargadelos que representa a Muralla e recibiu unha reprodución da Torre de Hércules. Deseguido, formouse a comitiva oficial que se dirixiu ata a Catedral, entre as numerosas persoas que se congregaron na praza Maior.

Durante os actos relixiosos, o Alcalde de A Coruña leu a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia,  na que destacou que “Vivimos tiempos convulsos. Tiempos en los que la tentación de la desesperanza está al acecho. Es fácil tropezar porque son abundantes y traidores los obstáculos. Tiempos en los que mantener firme el timón no se antoja sencillo por lo turbulento de las aguas. La peor de las crisis, la de los valores, sólo se puede compabtir desde el respeto a la historia, la militancia activa en el bando de las personas, la observancia de las generaciones que nos preceden y la protección de las que están llamadas a sucedernos.”

O Oferente sinalou tamén “Por eso invocamos Tu amparo para renacer más solidarios. Para tender la mano a los que sufren: a los enfermos, a los parados, a las víctimas de las amenazas que cercan a nuestra sociedad, de la violencia, de las drogas, de la desigualdad, del maltrato, de la marginación. No nos dejes caer en la injusticia, le egoísmo o la vanidad”.

Deseguido pediu “Axúdanos a loitar pola paz. Neste mundo cada vez máis globalizado e cosmopolita desexamos para os pobos que viven en conflito a mesma estabilidade e acougo que queremos para nós e para os nosos. Contra as obstinacións e os fanatismos queremos difundir unha mensaxe de tolerancia e convivencia harmónica. Os galegos, que tantas veces tivemos que sair ao mundo na procura dun porvir, sabemos moi ben o que significa integrar no canto de separar, compartir no canto de danar e convivir no canto de rexeitar ”.

Asimesmo considerou que “Necesitamos darlle o seu verdadeiro valor aos avances que temos acadado, non sen esforzo, e saborear as bondades dunha terra, a galega, construída sobre a base do traballo e a perseveranza,  sobre a constancia de homes e mulleres que perseguen a felicidade e a prosperidade”.

Ademais, o Delegado Reixo pediu pola xente nova “nesta singular ocasión quero pronunciar un voto especial pola xuventeude. Por que os nosos mozos sexan realmente herdeiros de todo ese empeño por construir un mundo mellor. Por eles é noso esforzo diario e na súa ilusión depositamos todo o noso legado. Aspiramos a deixar unha sociedade más sa, máis honesta, máis emprendedora e con mellores proxectos que a que nós nos atopamos. Nese anhelo descansamos os sacrificios e os desafíos que a propia vida nos presenta”.

Para rematar a Ofrenda, o Alcalde de A Coruña salientou “Puedes ver, Señor Sacramentado, que este humilde delegado ofrece trabajo y dedicación. A cambio, en esta Basílica, ante las autoridades civiles y eclesiásticas, solo pide un mundo un poco mejor, en paz y progreso, alejado del sufrimiento ajeno y con un lugar digno para cada ser humano. Confío en que nuestra ofrenda sea de Tu agrado y que nuestros ruegos, por nobles y sinceros, resulten merecedores de Tu consideración”.

O Arcebispo de Santiago, Julián Barrio, que presidiu os actos relixiosos, nos que tamén participaron os Bispos das Dioceses de Galicia, foi o encargado de responder á Ofrenda. Pediu na súa resposta que “non continuemos a cultura do descarte” e destacou a necesidade dunha “nova cultura do cariño, a solidariedade e de compartir” para facerlle fronte “a desigualdade”, xerada polos recortes no benestar social, “a baixada no nivel medio de renda e polo índice de pobreza”.

Os actos remataron cunha procesión que percorreu Pío XII, Bo Xesús, Pza de Santa María, Casas Noboa Praza Maior, Casas Novoa, Cregos e Pío XII.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova