Imprimir

DENDE MAÑÁ CORTARASE O TRÁFICO EN RAFAEL DE VEGA POR OBRAS NA REDE DE ABASTECEMENTO


30/6/2014

A Policía Local anuncia que dende mañá, martes, día 1 de xullo, vaise cortar á circulación na rúa Rafael de Vega para facilitar a realización das obras de renovación da rede de abastecemento de auga que se están a executar en Montero Ríos.

Este corte de tráfico é necesario para a realización dos traballos da rasante no cruce das rúas Rafael de Vega con Montero Ríos.

Está previsto que este corte de tráfico se prolongue durante unha semana, a partir de mañá.