Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá ábrese o prazo para solicitar axudas para a creación de museos ou coleccións privadas


# Luns, 30/06/2014
Esta liña de axudas tamén forma parte do Plan Urban e pretende activar o sector cultural no centro histórico

A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos informa que mañá martes 1 de xullo se abre o prazo para solicitar axudas do Plan Urban para poñer en valor a creación de museos ou colección privadas e que os cidadáns poidan desfrutar das mesmas.

Sonia Méndez explicou que con esta liña de axudas trátase de apoiar a creación de novas actividades económicas no centro histórico no sector cultural a través da creación de novos museos ou coleccións visitables para poñelas a disposición de todos os cidadáns. A este tipo de axudas poderán acudir aquelas pequenas empresas que poñan en marcha unha destas actividades na zona Urban.
 
Algúns dos requisitos mínimos é ter un mínimo de 100 metros cadrados, deberán ter polo menos un día a semana a entrada gratuíta e os demais días o prezo da entrada deberá ser semellante ao dos museos da cidade. Tamén deberán facer visitas guiadas polo menos unha á semana.

A axuda será do 50% do total de gastos e poderán recibir cada empresa beneficiaria unha axuda máxima de 100.000 euros e coa que se poderá cubrir maquinaria, mobiliario, equipos informáticos ou a construción e rehabilitación do inmoble.

O prazo para solicitala comeza dende o día seguinte a súa publicación no Boletin Oficial da Provincia e remata o 28 de xullo e as solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo. Esta actuación levase a cabo grazas ó Plan Urban, que cofinancia ó 80% a Unión Europea, a través do FEDER, e conta tamén con fondos achegados polo Concello e a Deputación provincial.
Luns


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova