Imprimir

O CONCELLO DE LUGO COLABORA NO X CLINIC LUGO ES BASKET HIERROS FERREIRO


30/6/2014

A Concelleira de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, colabora na organización do X Clinic Lugo es Basket Hierros Ferreiro, que se vai celebrar os días 12 e 13 de xullo na nosa cidade. Nel participarán adestradores da talla de Pedro Martínez, Txus Vidorreta e Ricard Casas, todos eles reñocidos a nivel nacional.

O custe da actividade é de 35 euros para todo o clinic e 25 euros para un só día. Tamén haberá descontos para grupos. A participación no clinic convalida 9 horas de formación continuada para adestradores.

As inscricións fanse en asjc_lugo@hotmail.com e esta actividade terá lugar no Pazo Provincial dos Deportes.