Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Cultura anuncia un dos pratos fortes do San Froilán 2014, o concerto de Buena Vista Social Club


# Luns, 30/06/2014
O concerto con entrada de balde terá lugar o venres 10 de outubro na Praza Horta do Seminario

Imaxe Asociada
Buena Vista Social Club  fará unha das súas últimas actuacións na cidade de Lugo durante o San Froilán 2014, segundo anunciou esta mañá a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

Despois de dezaseis anos emocianando ao público de todo o mundo, a orquestra Buena Vista Social Club estase despedindo dos escenarios cunha xira mundial na que fan un percorrido pola súa historia e coa que demostran ser os mellores embaixadores da música cubana. Con Adios Tour  fan unha síntese de máis de mil concertos nos que estiveron involucrados máis de corenta músicos durante os últimos 16 anos.

Carmen Basadre salientou que “é un honor poder decir que unha banda musical da importancia de Buena Vista Social Club  vai a actuar en Lugo dentro do seu tour de despedida dos escenarios”.

A orquestra Buena Vista Social Club xurdiu tras o aclamado proxecto de 1997 na que o director de cine Wim Wenders recolleu a vida e os concertos dun grupo de músicos pertencentes a unha xeración que seguian apostando pola música tradicional cubana. A partir deste traballo, que obtivo unha nominacións aos premios Oscar, a nova big band publica novos traballos e gañan varios premios Grammy. Ao longo deste tempo o grupo converteuse nunha big band dinámica e multixeracional onde os novos e veteráns se uniron para celebrar con gran elegancia a música tradicional cubana.

Baixo a direción musical de Jesús “Aguaje” Ramos (lider da banda e trombonista), a formación de Adios Tour  contará con varios músicos que participaron no disco e na película Buena Vista Social Club que inclúen a Omara Portuondo (voz), o mestre Guajiro Mirabal (trompeta), e ao virtuoso Barbarito Torres (laúd). Acompañándoos tamén estarán algún dos músicos que se foi sumando ao proxecto como Papi Oviedo, o pianista Rolando Luna, Pedro Pablo (contrabaixo), Andrés Coayo (congas), Filiberto Sánchez (timbales) e Alberto La Noche (bongos). Ademais tamén estarán Lluis Allemany, Carlos Calunga e Idania Valdéz.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova