Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan a funcionar as piscinas municipais exteriores


# Martes, 01/07/2014


A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa da apertura, dende hoxe ata o día 31 de agosto, das piscinas municipais ó aire libre. O horario do baño será de luns a venres de 12:00 a 20:30 horas, mentras que os sábados e domingos abrirase entre as 12:00 e as 20:00 horas.

Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán mantense nas mesmas tarifas do ano pasado: para menores de 15 anos o prezo da entrada é de 1 euro e 10,80 euros o abono para 15 baños. No caso dos adultos, de 16 anos en diante, a entrada terá un custo de 2,20 euros, o abono de 15 baños custará 22,30 euros e este mesmo abono para 15 baños no caso das persoas pensionistas será de 11,10 euros. Por outra banda, os abonos familiares para 15 baños teñen unha tarifa especial de 29,90 euros e os de 30 baños custan 59,10 euros.

Os horarios das diferentes piscinas municipais quedan así durante o verán:

PISCINAS EXTERIORES

  • Horario meses de Xullo e Agosto
De Luns a venres de 12:00 a 20:30
Sábados e Domingos de 12:00 a 20:00

PISCINA CLIMATIZADA DE FRIGSA

  • Horario Xullo
De Luns a Venres de 08:00 a 14:00 e de16:00 a 21:30
  • Horario Setembro:
De Luns a Venres de 08:00 a 21:30
Sábados de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30
Domingos de 10:00 a 13:30
  • Pechada no mes de Agosto


PISCINA PEDREIRAS

  • Pechada no MES DE XULLO
  • Horario Agosto
De Luns a Venres de 08:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:30
  • Horario Setembro
Luns a Venres de 08:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:30.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova