Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE AO DIRECTOR XERAL DE SABADELLGALLEGO DE VISITA EN LUGO


2/7/2014

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá ao Director Xeral de SabadellGallego, Pablo Junceda, que con motivo da súa visita a Lugo aproveitou para presentarse e para explicarlle os plans da súa entidade para a cidade de Lugo.

Durante a presentación tamén estiveron o Director Rexional, Juan Moríñigo, o Director Comercial, Alfredo Fernández e o Director de Zona de Lugo, Juan Jose Varela Leis.