Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
28/03/24
NOTICIAS
Escucha esta página

O III Campionato Intercultural de fútbol 7 "Copa da Amizade" celébrase este domingo 6 de xullo e conta con novos equipos de fútbol


# Miércoles, 02/07/2014
A competición terá lugar no campo da Cheda, organizada polas asociacións de Rioplatenses de Lugo e de Perú-Lugo coa colaboración do Concello

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado polos representantes das asociacións Rioplatenses de Lugo, Ana Bereciartúa, e de Perú-Lugo, Gerber Martínez, presentaron esta mañá o III Campionato Intercultural de fútbol 7 “Copa da Amizade” que se vai a celebrar este domingo 7 de xullo.

O Campionato que será no campo de fútbol da Cheda comezará ás 10 horas e contará coa presencia de 9 equipos diferentes en representación de Brasil, Colombia, Ecuador, Israel, Marrocos, Nixeria, Perú, República Dominicana e Rioplatenses (Arxentina e Uruguai).

Segundo explicou o Concelleiro de Deportes, trátase dunha competición que trascende o meramente deportivo, xa que o que se pretende coa organización desta actividade é  fomentar a convivencia e a integración duns colectivos de inmigrantes que xa son uns veciños máis de Lugo porque levan tempo residindo aquí. Ademais avanzou que “igual celebraremos unha final do Mundial de Fútbol adiantada con varios dos equipos que participan” segundo Díaz Grandio.

Pola súa parte, Gerber e Ana, explicaron que con esta actividade preténdese acadar en primeiro lugar a confraternidade e integración do colectivo dos diferentes países inmigrantes nesta cidade e invitaron a que “participen todos os veciños e veciñas de Lugo que lles guste o fútbol e que queiran pasar unha xornada divertida e familiar”.
Escuchar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva