Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

As piscinas dos Robles abren este sábado con prezos populares e servizos de socorrismo, seguridade e limpeza


# Xoves, 03/07/2014


O Concello de Lugo e a Deputación provincial facilitarán que os lucenses poidan gozar este verán nunha zona de baño e ocio no río Miño, na zona dos Robles, tal como anunciara o pasado mes de maio o Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou esta mañá que as piscinas dos Robles abrirán este sábado grazas á colaboración entre o organismo provincial e o Concello lucense, cumprindo así “o noso compromiso”.

A colaboración entre as dúas institucións, que achegan preto de 43.000 euros, farán que en Lugo poidamos contar cunha área de lecer durante os meses de xullo e agosto con todas as prestacións
 
Os prezos para o acceso ás instalacións serán populares, idénticos ós que aplica o Concello de Lugo nas piscinas cubertas de Frigsa.

A área de lecer contará con tres socorristas, ademais de servizos de seguridade e limpeza, que custearán con preto de 43.000 euros o Concello e a Deputación para que os lucenses gocen deste espazo durante os meses de xullo e agosto con todas as prestacións.

Grazas a este proxecto, no que colaboran as dúas administracións, xa foron creadas dúas zonas de parque infantil, unha delas cuberta, para conseguir que todos os lucenses dispoñan dunha boa zona de ocio e de baño, dacordo coas declaracións feitas polo Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente.

“Pensamos que o ocio tamén é un dereito e temos detectado que cada vez é maior o número de persoas que non poden permitirse disfrutar dunhas vacacións na costa nin siquera facendo moitos esforzos económicos”, tal e como explicou Luis Álvarez na presentación desta iniciativa, o pasado mes de maio.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova