Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O próximo xoves 10 de xullo haberá unha cita coa literatura e a gastronomía coas Catas literarias a cargo da escritora Rosa Ribas


# Xoves, 03/07/2014
Tamén haberá unha cata especial para nenos e nenas a cargo de Ana Cristina Herreros o mesmo xoves no MIHL ás 18 horas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou a cuarta cata literaria que terá lugar o xoves 10 de xullo no Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Nesta nova cita da literatura e gastronomía a escritora protagonista será Rosa Ribas. Trátase dunha escritora que naceu en Barcelona pero que leva varios anos vivindo en Alemaña e que ten un longo percorrido con historias de carácter policíaco e enmarcadas dentro da novela negra. A súa primeira novela titulada El pintor de Flandes  ten un marcado carácter historicista e foi publicada no ano 2006. O seu personaxe máis coñecido é a detective Cornela Weber-Tejedor que desenvolve as súas investigacións en Entre dos augas, Con anuncio  e  En caída libre.

Carmen Basadre explicou que con esta próxima cata literaria rematan, ata o mes de setembro, e ponse fin a uns meses nos que os escritores eran especialistas en novela negra. “Ademais rematamos cunha escritora que ten como marca diferenciadora que a súa personaxe é unha muller detective que vive nun mundo de homes” segundo Basadre.

Rosa Ribas que leva varios anos vivindo en Alemaña ten un importante éxito no país de acollida coa publicación de todas as súas novelas en alemán. Ademais é finalista coa novela Don de lenguas  ao Premio Dashiel Hammett á mellor novela de xénero negro publicada no ano 2013 e que se resolverá durante este mes na XXVII Semana Negra de Xixón.

Nestas catas, ademais de literatura, tamén haberá comida elaborada polos alumnos do Ciclo Superior de Cociña e Restauración do IES San Xillao, que farán un menú acompañado dun viño galego de Adegas Miguel Angel Garrido. Tamén, durante o evento, un grupo de música de Lugo acompañará aos asistentes, será o grupo Jass Project.

Como nas anteriores catas literarias, as librerías porán a disposición dos asistentes no MIHL a bibliografía do escritor protagonista para que os asistentes poidan mercalos e asinalos polo autor. As librarias que colaboran son a Librería Aguirre, Librería Balmes, Librería Biblos, El Faro de los tres mundos, La Voz de la Verdad, Librería Souto, e Librería Trama.

Para poder asistir haberá que adquirir unha entrada cun prezo de 5 euros que se poderán mercar na Biblioteca Municipal da Milagrosa (luns a venres, de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:00), no Centro de Interpretación da Muralla, (luns a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00), no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), (martes a sábado, de 16:30 a 19:00), nas propias librerias participantes e na web entradas.lugo.es.

Para unha maior información tamén se poderán consultar as actividades na web www.mihlcatasliterarias.com


BO-CATAS LITERARIOS

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, tamén anunciou que o xoves 10 ás 18 horas haberá unha cita coa literatura infantil nos “Bo-Catas Literarios” que está dirixido a un público de entre 6 e 14 anos. A autora será Ana Cristina Herreros, especialista en literatura tradicional e en técnicas de animación á lectura e que destaca pola súa capacidade para contar contos.

Ana Cristina Herreros é unha recoñecida narradora nada en León e que “de pequena aprendeu a escoitar as historias que lle contaba a súa avoa e que agora é ela quen as transmite aos máis pequenos” segundo Basadre.

La asombrosa y verdadera historia dun ratón llamado Pérez, 25 cuentos populares de miedo, Libro de los monstruos españoles, o Cuentos populares del Mediterráneo son algúns dos seus traballos máis recoñecidos e que máis libros venderon.

Nesta ocasión o menú será máis sinxelo e estará composto por un bocadillo de calidade e bebida para que os nenos e nenas asistentes poidan merendar mentres escoitan as historias de Ana Cristina Herreros. O prezo da entrada será de 2 euros e poderanse mercar nos mesmos puntos que as das Catas Literarias dos maiores.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova