Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo conta cun posto informativo na II Feira de Expocidades que se celebra en Pontevedra


# Venres, 04/07/2014
Nela participan as cidades que forman parte do Eixo Atlántico e coa que se intenta promocionar turisticamente as mesmas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A primeira edición desta feira turística celebrouse en Lugo o ano pasado cun gran éxito de participación

O Concello de Lugo conta cun posto informativo turístico na segunda edición da Feira de Turismo Expocidades, un evento organizado polo Eixo Atlántico que se celebra dende hoxe venres e ata o domingo 6 de xullo na Alameda da cidade de Pontevedra e que é gratuito.

O posto de Lugo contará con pantalla e ordenador no que se poderán ver os principais atractivos turísticos do concello e no que tamén se informará de todas as actividades que se realizan ao longo do ano tanto polo Concello como pola Asociación de Hosteleiros. Ademais no posto haberá degustación de produtos ecolóxicos como o queixo, viño ecolóxico ou mel e marmeladas e o sábado ás 18 horas o cociñeiro Álvaro Villasante fará unha demostración grastronómica e unha posterior cata.

Nesta ocasión participan 27 dos 34 Concellos que forman parte do Eixo Atlántico, ademais de contar cun amplo programa de actividades paralelas que inclúen showcooking, encontros entre produtores vitivinícolas galegos e portugueses e tamén o intercambio entre axencias de turismo, empresas hosteleiras e tour operadores da eurorrexión.

Expocidades naceu como unha experiencia piloto na primeira Capital da Cultura do Eixo Atlántico, celebrada en Vila Nova de Gaia no 2009. O éxito desta convocatoria fixo que se plantexara como un evento singular, e a primeira edición oficial celebrouse o ano pasado en Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova