Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Este domingo 6 de xullo a ruta turística do programa Terras de Auga e Cultura rematará cunha romería tradicional no Burgo


# Venres, 04/07/2014
A romería será na carballeira que rodea o templo de San Bartolomeu do Burgo e haberá a actuación de Cantata Vernácula

Este próximo domingo 6 de xullo haberá unha nova excursión do programa Terras de Auga e Cultura que baixo o nome de De andaina e festa popular  a guía turística que acompaña aos participantes farán un percorrido polo patrimonio rural lucense.

Asi, da man da guia oficial de turismo, os participantes descubrirán o interesante patrimonio das parroquias de Bóveda, Bacurín, e o Burgo cunha andaina de preto de dez quilómetros e cunha dificultade media-baixa que permite participar a toda a familia.

Como novidade, ademais da andaina, realizarase unha festa moi particular na carballeira que rodea o templo de San Bartolomeu do Burgo, cun xantar debaixo dos carballos centenarios. Ademais, a capela converterase no escenario dun concerto moi especial ofrecido polo grupo Cantata Vernácula  que actuará antes e despois do xantar.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (á altura da Porta de Bispo Aguirre) e volta sobre ás 19.00 horas. Hai que levar comida e bebida para o xantar festivo e recoméndase vestir roupa e calzado cómodos para camiñar e para bailar.

Os interesados poden inscribirse a través do teléfono 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo-CIM (982 251 658), Praza do Campo, 11. Máis información www.lugoturismo.com .


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova