Imprimir

A II RUTA DE AUTOCARAVANAS CAMIÑO DE SANTIAGO CHEGARÁ A LUGO O LUNS 4 DE AGOSTO


7/7/2014 Na primeira edición deste evento congregáronse a máis de 100 participantes de toda España e Portugal

O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, xunto con Antonio Jul, xerente de Yakart Autocaravanas e Gumersindo López, Vicepresidente da Asociación Galega de Autocaravanas, presentaron a II Ruta de Autocaravanas Yakart Camiño de Santiago, que os traerá á cidade de Lugo.

Manuel Núñez explicou que “o Concello apoia este tipo de actividades turísticas que propician que moitas persoas de fora de Galicia coñezan a nosa cidade e poidan vir máis veces e con máis tempo”. O luns 4 de agosto, os participantes chegarán a Lugo e acamparán an área de autocaravanas situada nas proximidades do Pavillón Municipal de Deportes e dende alí farán diferentes visitas guiadas á Ponte Romana e a Muralla.

A ruta comeza, segundo explicou Antonio Jul, o día 1 de agosto con saída dende a Coruña e que os levará a percorrer diferentes puntos da xeografía galega pero cunha maior presencia na provincia de Lugo xa que ademais da cidade de Lugo estarán en Ribadeo, en Foz, en Monforte de Lemos e na Ribeira Sacra. O punto final da ruta será Santiago de Compostela o día 9 de agosto.

Durante a ruta, os autocaravanistas contarán con guías personalizadas, creadas para a ruta, coa información, mapas e suxerencias de itinerarios para descubrir o territorio galego nos seus días libres.

http://www.yakartautocaravanas.com/