Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo dota ó barrio da Piringalla dunha pista polideportiva


# Martes, 08/07/2014
O Alcalde visitou a nova dotación deportiva, que supuxo un investimento de 21.700 euros

Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, acompañado polos Concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, visitou hoxe a nova pista polideportiva creada polo Concello no barrio da Piringalla.

O Alcalde expresou a súa satisfacción porque, con esta obra, o Concello “pon a disposición dos veciños e veciñas do barrio da Piringalla unhas novas instalacións municipais para a práctica deportiva”.

 “O Equipo de Goberno sempre apostou por achegar as instalacións deportivas ós cidadáns, porque está suficientemente demostrado que a práctica deportiva aumenta na medida na que os veciños teñen perto da casa infraestruturas para facer deporte”, salientou o Alcalde.

Por este motivo, anunciou o Alcalde que o Concello de Lugo proseguirá na senda iniciada hai anos de aproveitar todas as posibilidades para seguir creando este tipo de dotacións nos barrios, co obxectivo de facilitar a mozos e nenos que teñan espazos perto da casa para a práctica dalgún deporte.

A nova pista polideportiva, que dispón de porteirías e canchas para xogar tanto ó fútbol como a baloncesto, está situada na rúa das Fontes

A Concellería de Deportes investiu nela 21.700 euros e parte do material instalado procede da pista polideportiva que estaba situada no parque das Termas, onde as persoas que queiran practicar deporte dispoñen agora doutra dotación deportiva con céspede e dúas porterías.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova