Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Dende hoxe xa se pode solicitar as axudas para persoas con discapacidade que teñan que facer uso de taxi adaptado


# Mércores, 09/07/2014
A Concellería de Benestar Social adica 9.000 euros a esta liña de axudas  que remata o prazo en agosto

Tamén está aberto o prazo para solicitar as axudas para asociacións sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou esta mañá que xa esta aberto o prazo para solicitar as axudas económicas que concede o Concello de Lugo a persoas con discapacidade física e afectadas por graves dificultades de mobilidade para gastos de transporte adaptado.

Esta liña de axudas para persoas con discapacidade dispón dun presuposto este ano de 9.000 euros e a contía da axuda a cada persoa solicitante será de 800 euros anuais. Neste caso, darase prioridade ás persoas con menos ingresos no caso de que o número de solicitudes fora superior ó presuposto co que está dotada a convocatoria. O prazo de solicitude será dun mes a partir de hoxe mércores 9 de xullo.

González Abelleira sinalou que “dende o Goberno Local se traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con algún tipo de dificultade polo apostamos por seguir dando axudas a sectores sociais que o precisan”.

Por outro lado, tamén está aberto o prazo para participar na convocatoria de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas, actividades, mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas. Para elo o Concello destina 28.000 euros e o prazo para solicitalo está aberto ata o día 9 de agosto.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova