Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A próxima semana ábrese o prazo para solicitar as subvencións para asociacións veciñas, educativas e de medio ambiente nas que o Concello adica máis de 45.000 euros


# Xoves, 10/07/2014
O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá explicou que a finalidade destas actividades sexa mellorar a calidade de vida da cidadanía  

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, anunciou esta mañá que a próxima semana se abrirá o prazo para que as asociacións de carácter veciñal, profesional, educativas e de medio ambiente poidan solicitar as subvencións para a realización de diferentes programas.

Así, o Concello de Lugo, destina 45.500 euros para esta convocatoria de subvencións a asociacións para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral en réxime de concorrencia competitiva.

O responsable da área de Servizos Xerais explicou que algúns dos criterios de valoración será o número de persoas integrantes da asociación e no caso de ser unha federación o número de asociacións coas que contan, a antigüidade da asociación, a porcentaxe de mulleres na directiva, ter un local propio ou alugado, explicación detallada do proxecto e, especialmente, o interese xeral do proxecto no que se primará os que estén referidos ás condicións da saúde e do benestar con especial protección á terceira idade e ás persoas desempregadas.

Nas bases tamén se explica que quedan excluídas desta convocatoria as asociacións ou entidades que durante o exercicio 2014 perciban outra subvención municipal para o desenvolvemento do mesmo ou diferente programa, a excepción das axudas para a celebración das festas do Lume Novo, que serán compatibles con estas subvencións. Ademais este ano exclúense asociacións de consumidores porque poderán participar das subvencións nominativas.

Manuel Méndez tamén sinalou que o importe máximo das subvencións é de 3.000 euros e establécese como data límite para a presentación da documentación e as facturas xustificativas o día 30 de decembro.

A convocatoria das subvencións publicarase, previsiblemente, este sábado no Boletín Oficial da Provincia e posteriormente no Diario Oficial de Galicia e o prazo para a presentación das solicitudes e proxectos será dun mes logo da publicación das bases.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova