Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo toma novas medidas para garantir a recollida do lixo e limpeza da cidade


# Venres, 11/07/2014
O Alcalde anuncia a intervención temporal do servizo “en defensa dos dereitos dos cidadáns de Lugo”, dada a grave situación xenerada polo mantemento da folga

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou hoxe a decisión do Goberno local de intervir o servizo de limpeza e recollida do lixo dada a grave situación xenerada pola folga que continúa logo de máis dun mes.

O Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente deron conta das decisións tomadas polo Goberno local despois de que a pasada noite quedaran rotas as negociacións entre a concesionaria do servizo e os seus traballadores para poñer fin á folga no servizo de limpeza e recollida do lixo.

“Estamos diante dun novo escenario”, explicou o Alcalde, que lembrou “os enormes esforzos feitos e o silencio consciente do Concello, neste tempo, para lograr que as partes chegaran a unha solución negociada ó conflito”.

López Orozco salientou que “a nosa obriga é a defensa do interese público, dentro do marco legal tal como fixemos sempre e imos seguir facendo” e fixo un recoñecemento explícito á “extraordinaria paciencia e o comportamento cívico dos lucenses durante todo este tempo de folga”.

O Alcalde comunicou a decisión do Goberno local de proceder “á intervención, que non caducidade, acotada no tempo, do servizo de limpeza e recollida de lixo”, decisión que xa lle foi notificada hoxe mesmo á empresa a Urbaser. Este preaviso legalmente establecido habilita ó Concello a contratar unha nova empresa para a limpeza e recollida do lixo transcorridas 48 horas sen que a concesionaria preste o servizo.

“Estou en condicións de garantir ós lucenses que a partir da semana que vén mellorará de forma importante a situación da cidade”, salientou López Orozco, quen detallou que xa houbo contactos coa empresa Tragsa se Urbaser segue sen atender o servizo no prazo dado.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova