Imprimir

O ALCALDE RECIBE Ó NOVO XEFE SUPERIOR DE POLICÍA DE GALICIA


15/7/2014

O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe no seu despacho ó novo Xefe Superior de Policía de Galicia, Eusebio Fraguas Sánchez, que realizou hoxe a súa primeira visita institucional a Lugo logo do seu nomeamento para o cargo, no pasado mes de xuño.

Durante a entrevista, o Alcalde desexoulle ó novo responsable da Policía en Galicia éxitos no seu cargo e ofreceulle a colaboración do Concello de Lugo. Neste sentido, o Acalde destacou a importancia da coordinación da Policía Local e da Policía Nacional, xunto co resto de forzas de seguridade con competencias no noso término municipal, a través da Xunta Local de Seguridade.

López Orozco tamén lle pediu a Eusebio Fraguas que comecen o antes posibles os preparativos do operativo de seguridade para as festas do San Froilán.