Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xustiza apoia que o Concello de Lugo se negara a pagar 125.000 euros a unha empresa polo contrato de aluguer e mantemento de ordenadores


# Mércores, 16/07/2014
O Concello estuda pagar a todo o persoal municipal parte da extra de Nadal de 2012 retirada polo Goberno de Rajoy

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, deu a coñecer hoxe unha sentenza que respalda a negativa do Concello de Lugo a pagarlle 125.000 euros a unha empresa que xestionou o contrato de alugueiro e mantemento dos ordenadores persoais do Concello. 

Luis Álvarez informou do fallo ditado polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Lugo que lle dá a razón ó Concello e desestima un recurso interposto pola mercantil Coremain S.L.U. Esta empresa pretendía que o Concello fora condenado a executar o dereito de opción de compra dos ordenadores personais aboando a cantidade de 102.935,69 euros máis IVE e intereses, ou, de xeito subsidiario, que o Concello lle entregara os equipos informáticos cunha compensación pola perda de valor experimentado polos mesmos. 

O Xulgado do Contencioso Administrativo non só non atende as peticións da empresa senón que a condena ó pago das costas cun tope de 300 euros, como honorarios da Letrada municipal. 

A sentenza indica, nos fundamentos de dereito, que o plego de Claúsulas Administrativas Particulares do devandito contrato “establecía que se valoraría dentro de la oferta económica el valor residual de los equipos una vez finalizados los períodos de alquiler siendo así que en este extremo, y después de una aclaración, la empresa recurrente fijó en 0 euros el valor de recompra de los ordenadores” e engade que “naturalmente hay que entender que esta circunstancia (sin coste) tuvo que ser valorado a la hora de la adjudicación del contrato y, por ende, estando tan clara la cuestión no puede aceptarse la interpretación de la empresa recurrente sobre el valor residual”

O Xulgado desbota as pretensións económicas da mercantil e sinala literalmente no seu fallo: “no pudiendo estimarse sus consideraciones acerca de que el Ayuntamiento de Lugo fue contra sus propios actos, y los principios de buena fe y confianza legítima, porque la actuación municipal se ajustó a lo establecido en el pliego y en la oferta de la empresa adjudicataria del contrato”.


Dereito a parte da extra de Nadal de 2012


O Voceiro do Goberno local celebrou, ademais, a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 que lle recoñece a unha funcionaria municipal o dereito a percibir a parte da paga extra de Nadal de 2012, na cantidade devengada antes da entrada en vigor da normativa do Goberno de Rajoy que lle retirou esa paga extra ós traballadores de todas as administracións.

Luis Álvarez xa anunciou que o Goberno local ten decidido non recorrer a sentenza e tamén adiantou que os Servizos Xurídicos municipais estudan a posibilidade de aboar esa parte da paga extra a todo o plantel de persoal do Concello de Lugo sen necesidade de que os traballadores municipais teñan que presentar ningún recurso.

Álvarez lembrou que o Concello de Lugo viuse na obriga de aplicar unha normativa que foi imposta polo Goberno de Rajoy, porque “nós sempre somos respectuosos coa lei, pero xa daquela consideramos que era inxusta esa perda dun dereito que tiñan os funcionarios”.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova