Imprimir

CLASE DE FOTOGRAFÍA SOCIAL NA CASA DA XUVENTUDE, DENTRO DO PROGRAMA "MÓVETE CON NÓS"


16/7/2014  

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, asistiu esta tarde á apertura das master class en fotografía social impartida polo fotógrafo Gabriel Tizón. 

Esta actividade, que se enmarca na programación de verán “Móvete con nós”, conta coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación, e celebrouse na Casa da Xuventude con entrada gratuíta.