Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo convértese na capital de navegación aérea co IX Criterium Aeronáutico


# Xoves, 17/07/2014
Concello e Deputación colaboran co Real Aeroclub de Lugo neste evento deportivo, que se celebrará entre os días 24 e 27 de xullo, nas instalacións do Aeródromo de Rozas

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre; o Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos, e o Presidente do Real Aeroclub de Lugo, Luis Abelleira Mayor, presentaron este xoves o IX Criterium Aeronáutico. Este evento deportivo, organizado polo Aeroclub de Lugo coa colaboración do Concello e a Deputación provincial, celebrarase entre os días 24 e 27 de xullo nas instalacións do Aeródromo de Rozas.

Carmen Basadre felicitou ó Aeroclub polo esforzo e traballo que leva realizando todos os anos. Ó mesmo tempo, convidou ás familias a aproveitar a oportunidade deste proxecto que acerca outro tipo de deporte á cidadanía e que aposta pola economía da cidade e da provincia.

Pola súa parte, Álvaro Santos destacou que o Criterium Aeronáutico é unha oportunidade económica única para esta provincia, que a Deputación non podía deixar escapar.

Luis Abelleira agradeceu a colaboración de ambas as dúas institucións luguesas. “Nesta edición, sacrificamos unha parte deportiva para que os visitantes gocen de Lugo. Esta é a nosa maneira de agradecer o apoio do Concello e a Deputación”, sinalou o presidente do Real Aeroclub de Lugo.

O número de participantes increméntase cada ano, sendo preto de 4.000 persoas as que o fixeron no ano 2013, pernoctando, comendo e mercando en diferentes establecementos lucenses e, polo tanto, dinamizando a nosa economía. Este é o único Criterium Aeronáutico referencial en España e o único que se celebra en todo o Noroeste do país, onde os cidadáns poden participar activamente nas múltiples actividades que se levarán o cabo.

A novena edición desta pioneira xornada de deporte aeronáutico, consiste na promoción do deporte aéreo nas súas distintas modalidades e disciplinas aeronáuticas: paracaidismo, paramotor, voo acrobático, ultralixeiros, planeadores , voo con motor e aeromodelismo.

As actividades arrancan o xoves, 24 de xullo, ás 16:00 horas, con bautismos de aire (avión, ultralixeiros, acrobático, paracaidismo e globo) e transcorrerán ata pasadas as 20:00 horas.  Estas mesmas actuacións desenvolveranse tamén o venres e sábado, 25 e 26 de xullo, de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas; e o domingo en horario de mañá. O  venres e o sábado, terá lugar a popular volta aérea, que este ano cumpre coa 31 edición, en xornada de mañá o venres, e de tarde o sábado. A continuación, nesta mesma xornada celebrarase a cea de clausura e a entrega de trofeos, a partir das 22:00 horas. 

Durante estes catro días, tamén haberá exhibicións de estática do Instituto Nacional de Técnica Aerospacial, dun helicóptero histórico e do helicóptero da Garda Civil; así como de aeromodelismo, apagafogos e paramotores. Un circuíto de karts de pedais e inchables estarán dispoñibles tamén en todas as sesións para os máis cativos.

Para poder participar en todas estas actividades é necesaria inscrición. Pódese facer, previamente, no enderezo electrónico adminsitracionarrobaaerolugo.es ou no mesmo aeródromo eses días, asinando, para elo un documento de responsabilidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova