Cargando....
Concello de Lugo
20/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello aproba a cesión das obras paralizadas do Centro cultural do Vello Cárcere a San José, adxudicataria da segunda fase do proxecto


# Venres, 18/07/2014
O acordo de cesión chega despois de que o Concello decidira a rescisión do contrato e a incautación da garantía

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Con este acordo entre empresas evítanse retrasos e as obras poderán reanudarse no prazo dun mes


A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou  hoxe a Xunta de Goberno celebrou esta mañá unha reunión extraordinaria e urxente para autorizar a cesión do contrato á construtora San José por parte da UTE adxudicataria da primeira fase das obras do Vello Cárcere.

Con esta decisión, explicou Sonia Méndez “damos a mellor solución  a un atasco que tiñamos na execución dun importante proxecto para a cidade de Lugo como é o Centro Cultural do Vello Cárcere, xa que, como é sabido, a adxudicataria da primeira fase das obras sofriu problemas económicos e tiña paralizados os traballos”.

Sonia Méndez explicou que a cesión deste contrato a San José, adxudicataria da segunda fase do proxecto, era a fórmula preferida para o Goberno local. E lembrou que “durante moito tempo apostamos por esa solución, porque era o mellor para o interese público, xa que supoñía unha maior axilidade e que a obra se reanudase o antes posible”.

Sen embargo, o Goberno local viuse forzado a desbloquear a situación, dado que, aínda existindo vontade por parte das empresas esa cesión non acababa de producirse. Por este motivo, a Xunta de Goberno Local tomou a determinación de rescincir o contrato e incautarse da garantía depositada como aval pola UTE adxudicataria. Así. o Goberno local aprobou, o día 19 de xuño, a apertura dun expedente para a resolución do contrato e a incautación da fianza polos danos ocasionados.

Só unhas semans despois desta decisión municipal, as empresas formalizaron un acordo e, o día 7 de xullo, presentaron no Concello unha solicitude para a cesión da obra, asinada por ambas partes.

Esa solicitude foi estudada polos servizos xurídicos e económicos do Concello, que aconsellan nos seus informes autorizar a cesión da obra a San José. Para axilizar todo o posible o proceso, esta mañá celebrou unha sesión extraordinaria e urxente a Xunta de Goberno Local, na que se deu o visto e prace á cesión do contrato, polo que se deixa sen efecto a medida de resolución do mesmo, pero sí se mantén a incautación da garantía do aval depositado pola UTE adxudicataria da primeira fase das obras.

A Concelleira de Economía explicou que se trata da mellor solución das posibles, porque evita ter que redactar un novo proxecto das obras pendentes e a súa posterior licitación. Deste xeito, calcúlase que San José poderá retomar os traballos pendentes desa primeira fase no prazo aproximado dun mes, unha vez cumpridos todos os trámites pendentes, entre eles presentar un aval e elevar a escritura pública o acordo de cesión.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova