Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo dita un novo decreto de servizos mínimos para garantir que a continuidade da folga do lixo non pon en risco en saúde dos lucenses


# Martes, 22/07/2014
Desque comezou a folga, Sanidade comunicou a existencia de máis de 2.000 alertas sanitarias e o Concello realizou 200 controis de desratización

Imaxe Asociada
Sanidade comunicou hoxe 64 novos puntos de alerta


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciaron hoxe novas medidas para garantir a saúde dos lucenses ante a continuidade da folga do servizo de limpeza e recollida do lixo, que este martes cumpre 43 días.

“Coa saúde dos lucenses non se xoga”, destacou o Alcalde antes de anunciar que o Goberno vén de ditar un novo Decreto de servizos mínimos que se vai publicar mañá no Boletín Oficial da Provincia.

“Consideramos intolerable que os veciños e veciñas de Lugo sigan a ser vítimas dun problema que non causaron”, engadiu o Alcalde e destacou que “con todo o respecto para os dereitos de calquera empresa e para os dereitos dos traballadores, o Goberno local ten a obriga de preservar o dereito fundamental á saúde das persoas”.

“É a nosa obriga e non temos temor ningún a exercela”, advertiu López Orozco e tamén remarcou que “nós estamos dispostos a queimarnos por Lugo, para iso nos pagan os lucenses, así que nós nin folga, nin vacacións, nin política con minúscula; estamos aquí para facer Política de verdade porque, en situacións coma ésta, é cando as persoas se retratan e cando se demostra o necesaria que é a Política”.

Pola súa parte, o Concelleiro de Ubanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, deu conta do novo Decreto de servizos mínimos, que se funda, entroutros motivos, en que “os servizos mínimos débense adecuar á situación actual da cidade, tanto no relativo á recollida de residuos como na limpeza viaria”.


Máis de 2.000 alertas

Luis Álvarez lembrou que, dende o comezo da folga, foron declarados máis de 2.000 puntos de alerta sanitaria, tanto no Casco urbano como na zona rural, como consecuencia de que non se realiza a recollida establecida polos servizos mínimos.

Durante este tempo, o Concello tamén reforzou as campañas de desratización, nas que se realizaron máis de 200 controis de roedores na cidade, duplicándose e ata triplicándose, nalgunhas semanas, o número de controis que se realizan habitualmente.

Este mediodía, a Consellería de Sanidade comunicoulle ó Concello que os seus inspectores atoparon hoxe 64 novos puntos de alerta sanitaria. Entre eles figuran as seguintes lugares na súa totalidade: As Regas, rúa Xosé Novo Freire, rúa Xosé Ferro, praza de Comandante Manso, rúa Chantada, rúa Germán Alonso, rúa Concepción Arenal, rúa Ourense, rúa Alicante, rúa Río Ser, rúa Yáñez Rebolo, rúa Milagrosa, rúa Tino Grandío, rúa Mondoñedo, rúa Dona Urraca, rúa Flor de Malva, rúa Caravel, rúa Angelo Colocci, rúa Luis Ameijide, rúa Aquilino Iglesias Alvariño, rúa Díaz Castro, rúa Trapero Pardo, rúa da Pomba, rúa Bidueiro, Carril dos Loureiros, rúa Pintor Corredoira, rúa Ángel López Pérez, rúa Comandante Manso, rúa Río Neira, rúa Galicia, rúa do Valiño, rúa Campos Novos, rúa Sargadelos, Rego do Espiño e rúa Madanela, así como todos os números impares da rúa Xosé Castiñeira.

Dacordo cos informes técnicos, “despois de 42 días de folga, e debido ós reiterados incumprimentos dos servizos mínimos estase a producir o peor escenario previsto…con centos de puntos de risco sanitario para os cidadáns declarados pola Consellería de Sanidade, presenza de parásitos e roedores, putrefacción de materia orgánica, etc.”

Os técnicos municipais tamén advirten, en relación con esas alertas sanitarias, de que “non se está a dar resposta suficiente (nunha porcentaxe que varía cada día, pero sempre significativa) na recollida dos puntos no prazo de 24 horas establecido pola administración competente en materia sanitaria” .

Explican, ademais, que se solicitan informes diarios á concesionaria, coa indicación expresa de xustificar o cumprimento dos servizos mínimos e “os informes recibidos ata o día da data constatan o incumprimento destes servizos, por canto só nalgúns días determinados se utilizan os medios considerados como mínimos na recollida de RSU, sen que se teña recollido ningún día as fraccións de vidro e papel e, o que se considera como máis grave polas implicacións en materia de salubridade, o incumprimento total no relativo á limpeza viaria da cidade, agás os traballos realizados por Urbaser nos termos establecidos do informe do 11 de xullo no período indicado”.


Novos servizos mínimos

Por este motivo, o Concello vén de ditar un novo decreto de servizos mínimos que, como aclarou o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, “ten vocación de provisionalidade”.

Este novo decreto, que xa lle foi comunicado á empresa e ós traballadores supón que os servizos mínimos pasan a ser do 100% nos casos da limpeza viaria, que os tiña establecidos no 50%;  e da recollida do lixo e o bolseo, nas que era do 70%, mentres que a recollida selectiva e a recollida de vidro porta a porta mantense no 50%.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova