Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Xuventude organiza tres novos cursos de verán para mozos e mozas sobre Fotografía para Timelapse, Autocad e Preparación ó First


# Martes, 22/07/2014
Basadre anuncia que a inscrición é gratuíta e pode facerse xa na Casa da Xuventude

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da língua, Carmen Basadre, presentou hoxe tres novos cursos de verán para mozos e mozas de Lugo que se impartirán nas próximas semana na Casa da Xuventude.

Carmen Basadre anunciou que os tres próximos cursos tratarán sobre Fotografía para Timelapse, Autocad e Preparación ó First. O prazo de inscrición xa está aberto.

O Concello ofrécelle a mocidade de Lugo a posibilidade de participar gratuitamente nestes cursos, que se organizan dentro do programa +xTí, subvencionado polo Plan nacional sobre Drogas.

Carmen Basadre tamén destacou a gran acollida que tivo outra actividade que xa se está a desenvolvendo na Casa da Xuventude, un curso de Carnicería, no que os participantes, ademais de obter esta formación, teñen a oportunidade de completar a súa aprendizaxe realizando prácticas en carnicerías.


Nova programación

O día 29 de xullo dará comezo o curso de Fotografía para Timelapse, que terá lugar ata o 29 de agosto, na Casa da Xuventude, con horario de 10.00 a 14.00 horas.

Trátase dun obradoiro teórico-práctico, de 75 horas de duración, que conta con 12 prazas. Nel os participante aprenderán a técnica do timelapse, que é un dos recursos audiovisuais con máis demanda na actualidade. Esta técnica empregase na publicidade, a televisión, cine, videoclips e proxectos audiovisuais de todo tipo.

No obradoiro os asistentes aprenderán a realizar vídeos timelapse, dende a captura das imaxes ata o procesado das mesmas e a sús publicación en internet.

Os outros dous cursos de verán desenvolveranse do 4 de agosto ó 15 de setembro, tamén na Casa da Xuventude, e teñen unha duración de 120 horas.

Un deles é de Autocad. Destínase a mozos e mozas de 18 a 35 anos, e ten especial interese para persoas con formación en deseño, enxeñería ou arquitectura. Impartirase de luns a venres con horario de 16.30 a 20.30 horas.

E o curso de Preparación ó First, o nivel mínimo de coñecemento de inglés que se require para becas e traballos na Unión Europea, está dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos. Neste caso, o horario é de luns a venres, entre as 10.00 e as 14.00 horas.

As inscricións, nos tres casos, deben facerse na Casa da Xuventude, que está situada na rúa Xesús Bal y Gay s/n.

Para obter máis información, pódese chamar á propia Casa da Xuventude (982 297 444 ou 982 297 498) ou ó 010, teléfono de atención cidadá do Concello de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova