Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
20/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

Entra en vigor o novo Decreto de servizos mínimos para a folga do lixo que ditou o Concello de Lugo


# Miércoles, 23/07/2014
Luis Álvarez destaca que o aumento dos servizos mínimos decrétase “por responsabilidade, non por popularidade”

Imaxe Asociada
O reforzo dos servizos mínimos terá vixencia mentres haxa riscos sanitarios

Sanidade decretou hoxe 67 novos puntos con alerta



O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou de que hoxe foi publicado no Boletín Oficial da Provincia o novo Decreto ditado polo Concello de Lugo sobre os servizos mínimos que deben prestarse con motivo da folga no servizo de recollida do lixo e de limpeza viaria co fin de garantir a salubridade das rúas e espazos públicos da nosa cidade.

Luis Álvarez explicou que este novo Decreto, que eleva a porcentaxe dos servizos mínimos ata o 100% para os traballos de limpeza viaria e as labores de recollida do lixo e o bolseo, é unha medida que, aínda que poida parecer impopular, “non se toma por popularidade, tómase por responsabilidade”.

O Voceiro do Goberno local explicou que o novo Decreto de servizos mínimos é provisorio, xa que pretende asear a cidade ata o punto no que estaría se houbera folga pero se respetaran os servizos mínimos.

Luis Álvarez explicou que este novo Decreto de servizos mínimo foi ditado polo Goberno local como consecuencia da situación de risco sanitario na cidade, que levou á Consellería de Sanidade a ter declarado máis de 2.000 puntos de alerta sanitaria en Lugo desde o comezo desta folga.

Hoxe mesmo, a Consellería de Sanidade comunicoulle ó Concello a existencia de 67 novos puntos de alerta sanitaria detectados polos seus inspectores, dos que 22 son rúas enteiras. Concretamente, Carlos Azcárraga, barrio de San Fiz, Músico Xosé Antonio Moreno Fuentes, Rof Codina, Rei Don García, San Roque, Ramón Montenegro, Primavera, Carril das Hortas, Camiño da Roca, Carballo, Ronda das Fontiñas, San Xillao, Montirón, Serra de Outes, Acea de Olga, Xoan Carballal, Saúde, Nazario Abel, Serra Gañidoira, Evaristo Correa Calderón e Amizade.

Os problemas de salubridade, explicou o Voceiro do Goberno local, agrávanse coa aparición de roedores e insectos, como consecuencia da existencia de abundante materia orgánica putrefacta, como poñen en evidencia os informes diarios dos inspectores de Sanidade, e como reflicten os informes elaborados polo servizo municipal de Medio Ambiente, nos que se fundamenta o novo Decreto de servizos mínimos.

Luis Álvarez explicou, tamén, que desde o inicio da folga, o Concello leva feitos máis de 200 campañas de desratización. Este servizo municipal duplicou e ata chegou a triplicar nalgunha semana o seu traballo nas rúas e espazos públicos de Lugo.

O incumprimento dos servizos mínimos obrigou, ademais, ó Concello a reforzar o servizo coa contratación da empresa pública Tragsa, que xa presentou unha primeira factura, correspondente á segunda quincena do mes de xuño, por importe de 229.000 euros.

A pasada noite, a empresa Urbaser recolleu 102.040 kg de lixo e a empresa Tragsa outros 20.800 kg.
Escuchar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva