Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os titulares de postos numerados no Mercadiño de Frigsa que teñan tarxeta simple deberán solicitar a preferente


# Luns, 28/07/2014
A data límite para presentar a documentación é o 1 de setembro

A Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá, que dirixe Manuel Núñez, comunica a todos aqueles titulares de postos no Mercadiño de Frigas colocados en zonas numeradas que sexan posuidores da tarxeta simple de cor prata que deberán solicitar a tarxeta preferente de cor dourado. No caso de non facelo perderán o posto fixo.

Esta medida débese a que as autorizacións simples non garanten un lugar fixo no mercado, como sucede coas autorizacións preferentes, que conteñen a indicación precisa do lugar de situación no mercado, respectando sempre a antigüidade do titular. Pola contra, as autorizacións simplnes non teñen asignado un lugar fixo e a modalidade de ocupación dos espazos será por orde de chegada ao mercado.

Polo tanto, todos aqueles titulares colocados en zonas numeradas que sexan pouidores da tarxeta simple deberán solicitar a preferente, para o que teñen que cubrir un formulario de solicitude do posto de venda no Mercadiño de Frigsa, que se atopa dispoñible nas oficinas do Concello de Lugo, e achegar o xustificante de pagamento á seguridade social do mes actual.

A data límite para presentar a documentación é o día 1 de setembro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova